Marcos Mella nace en Ferrol. A súa afección pola música vén de cativo, cando acompañaba ao seu pai, baixista do popular Andrés do Barro, aos concertos.
Con 20 anos crea a súa primeira banda, Texarcana, coa que sería teloneiro dos Secretos, na cabeza o coñecido Enrique Urquijo. Teloneiro tamén tempo despois dun dos mais grandes do pop español: Antonio Vega.
Nos '90 podemos ver a Texarcana compartindo escenario cos Limones. Cun dos seus compoñentes chegaron a gravar unha das primeiras maquetas.
No 2004, coincidindo co boom de Internet, crean o primeiro CD gravado e retransmitido en directo na rede.
Na actualidade leva os seus propios temas aos escenarios galegos acompañado por Luis Cuba ao contrabaixo, Fran Rey ao piano, e Álvaro Lamas á steel guitar.