lunes, 28 de febrero de 2011

FOTOS DO VIVO DUB-UTEM





THE BRIGHT 3 MARZO NA CdoTB ÁS 22H

The Bright son Miryam Gutiérrez, que canta as súas cancións cunha guitarra, e Aníbal Sánchez, outro guitar hero curtido en potentes bandas rock. Chegan co folk que naceu no Norte. Frío e eléctrico. De León, en concreto. Así de simple, así de complexo. Nada máis ousado que subir a un escenario a xogar con seis cordas e unha voz, e o último milímetro de pel. Todo, multiplicado por dous.
A ela asóciana con Lucinda Williams. No camiño elixido por The Bright circulan imperdibles como Neil Young ou Gram Parsons ademais doutros grandes nomes.
Con moitas referencias e moitas ganas, estarán no Torrente o xoves 3 Marzo, un concerto que non podes perder!


jueves, 24 de febrero de 2011

O VIVO DE PERKUTONE EN FOTOS





DUB UTEM 24 FEBREIRO NA CdoTB

 DUB-UTEN é unha fusión instrumental de seis concepcións e experiencias musicais, e seis son os compoñentes de Dub-uten, tendo todos eles en común un grande amor e interese pola música.

O son de DUB-UTEN baséase no xogo con distintos tipos de material musical. Dunha maneira aberta, a música sofre un proceso de busca e creación constante, e o resultado é unha mestura de música Reggae con tintes Funkys onde tamén hai un espazo para a utilización de elementos de Jazz, Músicas do Mundo, Folk, Rock, Latina e Ska. O grupo utiliza as diferentes posibilidades sonoras e ambientais que pode outorgar o instrumental e os complementos e efectos de son.

DUB-UTEN é un grupo integrado por cinco ferroláns e un fenés, que desde os seus inicios ten actuado en numerosos escenarios da comarca e fóra dela.

Achégate a velos o xoves 24 de febreiro na Cdo TB, coma sempre ás 22h.

lunes, 7 de febrero de 2011

PERKUTONE Xoves 17 FEBREIRO na CdoTB ás 22H

La tierra sin maldá nome ao primeiro álbume do trío de percusión Perkutone nacido tras un longo traballo de investigación sobre a fusión entre percusión da India, Afrocubana e a do Jazz.

A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estructuras e melodías típicas dos estándares do Jazz e do Latin-Jazz, así como composicións propias cunha importante carga de improvisación, feitas únicamente con instrumentos como son as táboas, as tumbadoras e a batería.

Vikas Tripathi ás táboas, Noli Torres á batería e Toño Rodríguez ás tumbadoras.

HOT3SSS (Swing, Dixie e Hot de New Orleans) AO VIVO





miércoles, 2 de febrero de 2011

AS FOTOS DO CONCERTO DE MARCOS MELLA



HOT3SSS (Swing, Dixie e Hot de New Orleans) XOVES 3 FEBREIRO na CdoTB ás 22h.

New Orleans é a cidade que ten o privilexio de ser o lugar onde se mesturan diferentes culturas: gran parte da poboación negra mesturouse coa inglesa, francesa, española e caribeña dando lugar ao nacemento do jazz. Este tipo de jazz quente (hot jazz) tocábase como marcha polas bandas nos funerais. HOT3sss nace no ano 2003. Este formato é improvisado por un dos compoñentes, Lancelotti, coa finalidade de aumentar os circuitos en pequenos clubes que contan con baixos orzamentos, para así darlle máis difusión a un estilo de música que non queren que se esqueza. Recrean o mellor de King Oliver, Louis Armstrong, Kid Ory ou Jelly Roll entre outros...