domingo, 12 de diciembre de 2010

ROGER DE FLOR 16 DE DECEMBRO ÁS 22H

Logo de formar parte da banda de power pop ferrolá Bang 74, e do dúo "La Sociedad Protectora del Hombre Mono", De Flor enceta a súa andaina en solitario a principios do 2007 coa presentación da maqueta "Canciones de amor y retranca".

Tras percorrer boa parte de Galicia presentando este primeiro traballo, con gran acollida de crítica e público, retírase temporalmente dos directos para a gravación dos videoclips de varios dos seus temas, entre os que se encontra "Os dous amigos", incluído no disco "Naturalidad Silvestre".

Neste segundo traballo pódense atopar estilos como swing, pop, country, balada, sempre co toque persoal e humorístico que De Flor imprímelle ás súas cancións, que navegan no ronsel dun Burt Bacharach, un Ray Davies ou as Vainica Doble.

Presenta “Naturalidad silvestre” nas capitais galegas e outros lugares da península: Portugal, Madrid, País Vasco, León…Actualmente ultima a xira de presentación do documental que protagoniza e que leva o nome do disco.
www.myspace.com/rogerdeflor
O xoves 16 de decembro ás 22:00h na CdoCTB.


DANIEL HIGIÉNICO AS FOTOS DO VIVO





miércoles, 8 de diciembre de 2010

DANIEL HIGIÉNICO - 9 DE DECEMBRO ÁS 22H




Daniel Soler, coñecido como Daniel Higiénico, é un deses personaxes que habitan un espazo artístico propio, alleo aos convencionalismos do mercado.
Cantactor producido por artistas como Jordi Mena (guitarrista de Jarabe de Palo), ou Lichis da Cabra Mecánica.
No ano 2009 estrea o seu espectáculo teatral en solitario “Palabra de ornitorrinco”. Un novo capítulo que completa a triloxía teatral iniciada con “Mamá, quiero ser autista” no 2001, despois de asistir a un “psico-cursiño” co actor Leo Bassi, e que continuou con “Mentiras Podridas” no 2004.
Na actualidade Daniel Higiénico edita o seu doceavo álbume que sorprende pola súa frescura, a forma de contar historias cotiás e a critica mordaz ao noso entorno, esta vez a ritmo de blues.
www.danielhigienico.com

TANGO JONDO AO VIVO ENCHEN A CdoTB





lunes, 29 de noviembre de 2010

TANGO JONDO 2 DECEMBRO ÁS 22H

Cando a principios do 2008 Ariel Hernández e Antonio Bartrina, bandoneón e voz, percorrían España facendo entrevistas e pequenas actuacións promocionais, non imaxinaron que acabarían gravando un disco ao estilo flamenco.

Viaxaron a Bos Aires para que a alma do tango impregnase a súa música. E rexistraron o seu traballo ao xeito das antigas gravacións: bandoneón e voz xuntos e micrófono colgado do teito. A idea era espir ao tango de todos os seus adornos musicais e presentar só a esencia vital, con toda a súa crudeza e con toda a profundidade da súa alma.

Este é o resultado daquela aventura: nove tangos clásicos interpretados dende dentro e un tema propio que xa gravaran coa súa banda Malevaje e que está adicado a D. Alfredo Di Stéfano.

Escoitar atentamente estas cancións. Morden por dentro.

O xoves 2 de decembro ás 22h na CdoCTB.

CLASSIC JAZZ QUARTET AO VIVO




martes, 16 de noviembre de 2010

CLASSIC JAZZ QUARTET O 18 DE NOVEMBRO ÁS 22H

 
Este cuarteto busca crear un punto de encontro e fusionar dúas músicas diferentes e bastante separadas pola súa historia: a escola clásica co piano e a frauta, e a escola de jazz co contrabaixo e a batería. O resultado é verdadeiramente interesante non só a nivel cultural se non tamén a nivel interpretativo e creativo.

A obra que presentan este xoves é " Suite para frauta e jazz piano trio " de Claude Bowling. Composta por sete movementos que fusionan clásico e jazz, resulta unha mestura chea de beleza e sensibilidade, atractiva e poco habitual ata o momento.

Un concerto que non deixa indiferente !

O xoves 18 de novembro ás 22h na CdoCTB.

LA DURANGO EXPRESS AO VIVO




lunes, 8 de noviembre de 2010

LA DURANGO EXPRESS 11NOVEMBRO ÁS 22H

Rock&Roll para todos os públicos.

Esta banda local naceu no ano 99, os compoñentes seguen a ser os mesmos:
BJ Jaiber, voz e guitarra, Tony Torres guitarra, Víctor Gacio baixo, Anxo"O Pulpo" batería.
O primeiro disco editado no 99 e que leva o nome da banda, está composto por oito temas en inglés, e dous en castelán feitos por puro pracer. Traballo que se define coma unha mestura de rock e blues, con influencias de Jimmy Hendrix ou Johnny Lang.
Despois de viaxar con este álbume por toda Galicia e polo estranxeiro, Tony Torres visita EEUU, onde creará a maior parte dos temas do segundo disco: “Atrévete”.
Á volta desta viaxe marcou ao grupo, e comezan a compoñer en castelán, cousa difícil polo tipo de música que fan, pero unha boa forma de achegar as súas letras ao público.
Enerxía e boas vibracións na escea, e ademáis FEITO NA CASA.
O xoves 11 de novembro ás 22h na CdoCTB.


KATY BLUE & CRAZY CATS AO VIVO





O pasado xoves tivemos un invitado especial, Raimundo Amador estivo como público dos "gatos locos", un día antes da súa actuación no Jofre.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

KATY BLUE & CRAZY CATS na CdoCTB XOVES 4 NOVEMBRO


Country, blues e swing dos 50's, que ao vivo ,mesturan con temas propios e con versións dos clásicos deste xénero. Na actualidade compaxinan os seus concertos coa gravación dun disco que se editará en breve.

Carmen St. Louis, baixo e vocal, foi baixista da formación Sugar Free.
Versionea coma ninguén a Nina Simone, Madeleine Peyroux o Patsy Cline. O seu compañeiro á voz; o home das mil voces, José Ángel Colorado, é un excelente vocalista e compositor. Autor das cancións da banda, lidera dende hai 20 anos o grupo de country rock “Colorado”, que alterna con outras bandas como Green River Band e Búfalos

Acompáñanos Alvaro“Steel” Lamas, mestre da steel guitar en España e Europa ao lap steel, dándolle un toque especial ao son do grupo, e Pipo García á batería, antigo membro de Terminal Norte e Los Limones.
Podemos escoitalos ao vivo, o xoves 4 de novembro, coma sempre ás 22h na CdoCTB.


lunes, 25 de octubre de 2010

28 DE OUTUBRO BIODRAMINA MOOD NA CdoCTB

A banda formouse en Madrid a finais do 2008. Está composta por músicos de moi diferentes formacións e estilos que van dende a música clásica ata a electrónica, pasando polo rock, blues, jazz, a música de cine...Esta mestura de experiencias séntese na súa música e enriquece os arranxos creando un estilo propio e orixinal.
Marimba, tuba, guitarra hawaiana, chelo e batería. Instrumentos que te transportarán a un ambiente de sensacións que ben merecen o nome de “Biodramina Mood”
O grupo consegue que as súas actuacións sexan divertidas ao tempo que interesantes, dúas cualidades que non sempre van unidas cando falamos de música.

M&N'S BAND AO VIVO




lunes, 18 de octubre de 2010

M&N'S BAND 21 DE OUTUBRO


Esta banda nace a finais do 2008 coa idea de devolverlle ao público a esencia do blues , o ritman blues e o soul, facendo versións dos grandes clásicos nestes estilos e compoñendo temas coas mesmas raizames.
O público é unha parte importantísima do show, xa que o fan participar en cada unha das cancións interpretadas.
Comezan cos clásicos do rock & roll como Tush (ZZ Top), Born to be wild (Steppenwolf), pasando a conmemorar os mellores anos do soul con temas como
I Feel good (James Brown), Everybody need somebody, Sweet home Chicago, I'm a soul man...e moitos máis. Vémonos o xoves ás 22h, como sempre na Capela do Torrente.

ERIC FUENTES AO VIVO



Eric Fuentes é un xove catalán que deixou uns meses atrás a súa banda The Unfinished Sympathy, despois de tocar con grupos do panorama internacional como Bad Religion, e viaxar por medio mundo.
El é o único compoñente que estivo na banda dende os seus inicios. Despois de dez anos decidiu comezar de novo para continuar facendo o que máis lle gusta , cantar e tocar.

Tivemos o pracer de escoitalo en directo na CdoCTB, o pasado xoves 14 de outubro,
esta vez en compañía de tres rapaces, hiperactivos musicais da escea catalana.
Á batería, Iván, e ao baixo Pol, que a mesma vez tocan no grupo de rock Rosa -Luxemburg . No piano Bernardet, compoñente da banda MINE!(pop Catalán).

Os catro son Eric Fuentes e o Mal, e para o mes de febreiro teremos circulando o seu próximo disco xuntos. O nome deste traballo segue a ser un misterio.
Mentres tanto paséanse por toda a península invadindo as salas de guitarras e enerxía punk.
Para os grupos de punk soan melosos, para os indie-rock agresivos, para que definirse?
É mellor escoitalos a ser posible en pé , sen parar de bailar, de berrar e de vibrar...

Eles continúan de xira por Galicia bebendo cervezas, comendo croquetas e collendo algún que outro empacho de ostras. Nós seguimos esperando a febreiro para escoitar o novo álbume.







martes, 12 de octubre de 2010

ERIC FUENTES & EL MAL (EX GUITARRA E VOZ THE UNFINISHED SYMPATHY)


Eric Fuentes, o ex líder do grupo THE UNFINISHED SYMPATHY, despedíase así o 3 de maio de 2010 nas redes sociais: "Queridos amigos, THE UNFINISHED SYMPATHY disólvense. A banda gravou 5 LP's, algúns EP's, ofreceu preto de 400 concertos por España, Alemania, Inglaterra, Francia, EEUU, Italia, Suiza e Bélxica, e viviu e compartiu un sinfín de momentos entrañables cos amigos e profesionais do mundo enteiro. Moitas grazas polo apoio recibido durante estes 10 anos fantásticos. Ata pronto!"

UNFINISHED SYMPATHY foi considerado mellor grupo no ano 2003 na Mondo Sonoro, e premio Villa de Bilbao co seu álbume “An investisement in logistics”. Cabeza de cartel no Festival Independiente de Benicassim no 2007 con “We push , you pull”, nomeado mellor disco segundo a revista “Enderrock”.
O xoves 14 de outubro Eric fuentes presentará o seu terceiro traballo en solitario,nun concerto que promete non deixarnos indiferentes.
(Xoves 14 de Outubro ás 22H.)