lunes, 18 de octubre de 2010

ERIC FUENTES AO VIVO



Eric Fuentes é un xove catalán que deixou uns meses atrás a súa banda The Unfinished Sympathy, despois de tocar con grupos do panorama internacional como Bad Religion, e viaxar por medio mundo.
El é o único compoñente que estivo na banda dende os seus inicios. Despois de dez anos decidiu comezar de novo para continuar facendo o que máis lle gusta , cantar e tocar.

Tivemos o pracer de escoitalo en directo na CdoCTB, o pasado xoves 14 de outubro,
esta vez en compañía de tres rapaces, hiperactivos musicais da escea catalana.
Á batería, Iván, e ao baixo Pol, que a mesma vez tocan no grupo de rock Rosa -Luxemburg . No piano Bernardet, compoñente da banda MINE!(pop Catalán).

Os catro son Eric Fuentes e o Mal, e para o mes de febreiro teremos circulando o seu próximo disco xuntos. O nome deste traballo segue a ser un misterio.
Mentres tanto paséanse por toda a península invadindo as salas de guitarras e enerxía punk.
Para os grupos de punk soan melosos, para os indie-rock agresivos, para que definirse?
É mellor escoitalos a ser posible en pé , sen parar de bailar, de berrar e de vibrar...

Eles continúan de xira por Galicia bebendo cervezas, comendo croquetas e collendo algún que outro empacho de ostras. Nós seguimos esperando a febreiro para escoitar o novo álbume.







No hay comentarios:

Publicar un comentario