lunes, 9 de mayo de 2011

JANE JOYD 26 DE MAIO ÁS 22H NA C do TB

 
Jane Joyd é o proxecto musical de Elba Fernández (A Coruña).
Elba tocou en bandas rock, pop e funk. Hai dous anos quitoulles pó a vellas cancións que creceron con ela escondidas no seu cuarto. Elba Fernández é unha ollada pegada a unha guitarra, a unha escuridade contida e emocionante, é un susurro tímido que, ao final, cala ata os ósos.
No verán do 2010 grava 4 temas en Abrigueiro Estudios (Lugo) con Arturo Vaquero. Os músicos que compoñen Jane Joyd na gravación son: Elba Fernández (guitarra & voces), Xulio Vázquez (batería & percusións), Mikelini (contrabaixo), Kiko (guitarra eléctrica) e Alejandro González (teclados).
O seu estilo achégase ao dos artistas do folk americano.
Jane Joyd comenzou a tocar en directo no 2010 e compartiu cartel con James Yuill, Matt Elliot, Greg Dulli, Emma Pollock, Basia Bulat,… Tocou en lugares curiosos como a sala dun museo ou o escaparate dunha tenda de ropa.
Jane Joyd é algo pequeno, escuro, amargamente delicioso. A luz que acendes cando chegas a casa para estar ben, a penumbra cómoda onde esconderte...

los eternos en concierto xoves 19 maio ás 22h


Nace no 2003 como un proxecto musical baseado no máis simple: “disfrutar facendo o que máis nos gusta: Rock&Roll”.
Cudi, Chewis e Mecha tocan xuntos hai máis de vinte anos en diversas formacións: OS MARUXA, ROCK A HULAS, STUDEBACKERS, GURU DEVA…Levan ás costas unha ampla traxectoria musical e con varios discos editados. A carismática alma do grupo, a pesares de ser o máis novo, é o cantante e contrabaixista O Gran Torriño.
Nos dous CD’s autoeditados rexístrase un estilo que vai desde o máis puro Rock&Roll do primeiro CD ata o máis contundente PowerRock do segundo.
En 2010 fichan con Miña Terra Galega Produccións e Warner Music Spain para a edición do seu terceiro disco: “Back on the road”, que veu a luz o pasado outubro. Gravado en Aboryginal Records e masterizado en Memphis, en L. Nix Mastering (Ardent Studio). Neste terceiro traballo Eternos dan un pequeno xiro, cunha clara tendencia Country-Rock con pinceladas de Bluegrass.

CHEWIS Guitarra eléctrica, dobro e guitarra acústica
TORRES Contrabaixo, baixo e voz
CUDI Guitarra eléctrica, acústica, harmónica e voz
MECHA Batería e percusión
ALVARO LAMAS Steel guitar

BONEY FIELDS & TONKY BLUES BAND xoves 12 maio ás 22H



BONEY FIELDS un dos mellores TROMPETISTA DE BLUES festeiro do mundo coa prestixiosa banda TONKY BLUES BAND, con o mestre Tonky de la Peña como "alma mater". Estará acompañada por un trompetista de nivel mundial na música blues, falamos de BONEY FIELDS. Este gran trompetista orixinal de Chicago, durante anos percorreu os mellores Clubs da cidade. Posteriormente trasladouse a California (Los Angeles) tocando con Jimmy Johnson e xirando por todo U.S.A.

Tocou cos grandes Smokey Wilson, Albert Collins, Buddy Guy, Junior Wells, Eddie Clerwater, Lucky Peterson, etc...Con Lucky Peterson percorreu Europa, Africa e Xapón.

Trompetista en bandas como: The James Cotton Blues Band, Chicago Burning Band ou The Little Milton Band
---------------------------
TONKY DE LA PEÑA funda o seu grupo nos primeiros 80 percorrendo os clubes de blues e coma acompañante de grandes bluesmen da talla de Carey Bell, Louisiana Red, Charlie Musshellwhite, cos que tocou en concertos e festivais, sendo convidado en varias ocasións ao esceario por Albert Collins & the Icebraekers.

No 1990 Tonk y pertenceu ao grupo de Jerry Lee Lewis durante a xira por España e no 92 fixo o mesmo con Mick Taylor, o lexendario guitarrista de John Mayall & the Blues Breakers e despois membro dos Rolling Stones entre os anos 69 e 74.

Entre o ano 2001 e 2005 Tonky Blues Band foi o grupo persoal de Buddy Miles, o lexendario cantante e batería americano compañeiro de Jimmy Hendrix na Band of Gypsies nos anos 69/70 e despois nos 80 coma cantante do grupo de Carlos Santana.

COCKTAIL SOUNDAS IMAXES DO DIRECTO




jueves, 5 de mayo de 2011

COCKTAIL SOUND XOVES 5 maio ÁS 22H

 
Genia, cantante de Ferrolterra, creou este proxecto baseado na busca do cocktail sound nun repertorio de jazz, bossa e samba.
Cantou como contralto nos coros Euterpe, Albae Sonus e o Coro Universitario de Santiago de Compostela. Formou dúo con Christopher Dravers á guitarra e no 2007 participou no SPJ (Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) con Paco Charlín e Abe Rábade. Actualmente asiste ao Seminario de Jazz do Conservatorio de Ferrol.
Genia entrou en contacto con Pepín de maneira casual nunha jam-session organizada polo Concello de Ferrol no 2010.
Pepín, veterano músico da comarca, involucrou no proxecto a José, experimentado guitarrista con formación no Taller dels Músics de Barcelona, coñecido por proxectos anteriores como Concerto Swing e o Foli Lamas Group.
Pepín, músico autodidacta, tamén conta con ampla experiencia como pianista en míticos grupos como Azúcar ou Acero. Director de coros hai décadas e actualmente baixo profundo no grupo Ludus Tonalis da Coruña.

JOSE ESTEBAN Guitarra

PEPÍN DE PAZ Piano

GENIA FERNÁNDEZ Voz

domingo, 10 de abril de 2011

BRIGADA BRAVO & DÍAZ 14 ABRIL 22H

MÚSICAS POPULARES DA GUERRA CIVIL.
 
Brigada Bravo&Díaz

Baseándose no material recollido no libro de Luis Díaz Viana, Cancioneiro popular da guerra civil española, a Brigada Bravo&Díaz propón unha nova interpretación instrumental -en clave de jazz- dalgunhas das máis famosas melodías que se cantaron naquela contenda.

Unha curiosa formación -zanfona, caixa de música e guitarra-, que evoca sonoridades antigas, cunha linguaxe contemporánea e aberto
.

"Son dous pero soan coma se fosen, polo menos, cinco. Cunha guitarra e unha zanfona pódese facer falar ao silencio. A música, como toda arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de talento. Se se é un virtuoso do instrumento -e Bravo&Díaz sono- pois mellor aínda, aínda que a habilidade de execución para facer doado o difícil non abonde.
Por enriba diso está a capacidade de transmitir emoción, de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre o culto e o popular que, dende o Renacemento, os músicos máis exquisitos viñeron transitando.
 Para min constitúe unha satisfacción que Bravo & Díaz escollesen estas cancións das que se recollen no meu Cancioneiro popular da Guerra Civil Española como punto de partida do seu traballo máis recente. En clave de jazz -esa música "clásica" do século XX-, eles retomaron os esquemas melódicos daquel tempo mítico para facelos soar como algo inesperado e novo. Ao escoitar estas cancións resulta case imposible non os admirar como músicos, pero máis aínda non se conmover. "
 

JANE JOYD en espera !!! por confirmar


Jane Joyd é o proxecto musical de Elba Fernández (A Coruña).
Elba tocou en bandas rock, pop e funk. Hai dous anos quitoulles pó a vellas cancións que creceron con ela escondidas no seu cuarto. Elba Fernández é unha ollada pegada a unha guitarra, a unha escuridade contida e emocionante, é un susurro tímido que, ao final, cala ata os ósos.
No verán do 2010 grava 4 temas en Abrigueiro Estudios (Lugo) con Arturo Vaquero. Os músicos que compoñen Jane Joyd na gravación son: Elba Fernández (guitarra & voces), Xulio Vázquez (batería & percusións), Mikelini (contrabaixo), Kiko (guitarra eléctrica) e Alejandro González (teclados).
O seu estilo achégase ao dos artistas do folk americano.
Jane Joyd comenzou a tocar en directo no 2010 e compartiu cartel con James Yuill, Matt Elliot, Greg Dulli, Emma Pollock, Basia Bulat,… Tocou en lugares curiosos como a sala dun museo ou o escaparate dunha tenda de ropa.
Jane Joyd é algo pequeno, escuro, amargamente delicioso. A luz que acendes cando chegas a casa para estar ben, a penumbra cómoda onde esconderte...

THE HIGHLIGHTS AS FOTOS DO VIVO





miércoles, 6 de abril de 2011

THE HIGHLIGHTS xoves 7ABRIL ÁS 22H


Highlights parte de que o rock é un xénero musical que consiste en facer cancións, e de que sempre as mellores cancións son as de Bob Dylan. Así que un día (un bo día, pois aquel 24 de maio de 2006 o vello Bob cumpría 65 anos), Highlights deciden erguer copa e voz á súa saúde. Había que reivindicar o seu inmenso legado.

Que sentido tiña tratar de compoñer mediocridades cando moita xente no noso país non escoitou Obviously Five Believers, Seeing The Real You At Last ou I Believe In You?

Debutan como trío acústico na lexendaria Silla Colorada. Polo camiño, Mike "Broken Lips" e "Old" John Birch axúdanos a crecer como grupo.

A día de hoxe a banda fórmana catro irmáns Highlight: "Smooth Fingers" (guitarra e teclados), "Thin Man" (batería), Fito "The Rolling Thunder" (baixo) e "Blind" Willie (voz, guitarra e harmónica). Só é rock & roll. Pero gústalles. In the name of Bob.

Highlights chegaron ás semifinais do Concurso Internacional de Bandas Tributo a Dylan «Battle of the cover band», que organiza dylanradio.com, entre centos de grupos de todo o mundo.

sábado, 26 de marzo de 2011

FON ROMÁN (EX PIRATA) Xoves 31 MARZO na CdoTB ás 22H

Pasaron xa tres anos dende que nos sorprendera a todos co seu “Silencio cómodo en un jardín descuidado”, debut en solitario de Fon Román que deixaba atrás a súa etapa como Piratas.

Tres anos nos que Fon non parou de investigar ata chegar a “Entretelas”, o seu segundo álbume que verá a luz o vindeiro mes de febreiro.

Entrelelas” é de seu, un concepto global de música e estética, unha obra que vai máis aló do estrictamente musical: cancións creadas a partir de retallos, de pezas soltas, de versos rescatados. Cunha aposta visual que transforma os videoclips en pequenas pezas de arte.


MIGUEL ALONSO AO VIVO






lunes, 7 de marzo de 2011

MIGUEL ALONSO Xoves 24 MARZO na CdoTB ás 22H

Miguel Alonso nace en Ferrol no verán do 84. Comeza a tocar moi novo, gañando en 2002 o primeiro premio no X Certame "A Mocidade coa lingua". Tamén gañará o certame "Memorial Brocos", na categoría pop, no ano 2007. Durante estes anos grava diversas maquetas e realiza numerosas actuacións en directo.
Ao longo destes anos participa en varios compilatorios e na banda sonora da película "Barcelona-Catoira" (2007), dirixida por Óscar Vinilo.
Na Capela teremos o Trío formado por Miguel Alonso (voz, guitarra acústica, piano e harmónica) + Javier Santana (guitarra acústica, eléctrica e española) + David Dapena (percusións e batería).


THE BRIGHT AO VIVO

lunes, 28 de febrero de 2011

FOTOS DO VIVO DUB-UTEM





THE BRIGHT 3 MARZO NA CdoTB ÁS 22H

The Bright son Miryam Gutiérrez, que canta as súas cancións cunha guitarra, e Aníbal Sánchez, outro guitar hero curtido en potentes bandas rock. Chegan co folk que naceu no Norte. Frío e eléctrico. De León, en concreto. Así de simple, así de complexo. Nada máis ousado que subir a un escenario a xogar con seis cordas e unha voz, e o último milímetro de pel. Todo, multiplicado por dous.
A ela asóciana con Lucinda Williams. No camiño elixido por The Bright circulan imperdibles como Neil Young ou Gram Parsons ademais doutros grandes nomes.
Con moitas referencias e moitas ganas, estarán no Torrente o xoves 3 Marzo, un concerto que non podes perder!


jueves, 24 de febrero de 2011

O VIVO DE PERKUTONE EN FOTOS





DUB UTEM 24 FEBREIRO NA CdoTB

 DUB-UTEN é unha fusión instrumental de seis concepcións e experiencias musicais, e seis son os compoñentes de Dub-uten, tendo todos eles en común un grande amor e interese pola música.

O son de DUB-UTEN baséase no xogo con distintos tipos de material musical. Dunha maneira aberta, a música sofre un proceso de busca e creación constante, e o resultado é unha mestura de música Reggae con tintes Funkys onde tamén hai un espazo para a utilización de elementos de Jazz, Músicas do Mundo, Folk, Rock, Latina e Ska. O grupo utiliza as diferentes posibilidades sonoras e ambientais que pode outorgar o instrumental e os complementos e efectos de son.

DUB-UTEN é un grupo integrado por cinco ferroláns e un fenés, que desde os seus inicios ten actuado en numerosos escenarios da comarca e fóra dela.

Achégate a velos o xoves 24 de febreiro na Cdo TB, coma sempre ás 22h.

lunes, 7 de febrero de 2011

PERKUTONE Xoves 17 FEBREIRO na CdoTB ás 22H

La tierra sin maldá nome ao primeiro álbume do trío de percusión Perkutone nacido tras un longo traballo de investigación sobre a fusión entre percusión da India, Afrocubana e a do Jazz.

A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estructuras e melodías típicas dos estándares do Jazz e do Latin-Jazz, así como composicións propias cunha importante carga de improvisación, feitas únicamente con instrumentos como son as táboas, as tumbadoras e a batería.

Vikas Tripathi ás táboas, Noli Torres á batería e Toño Rodríguez ás tumbadoras.