domingo, 10 de abril de 2011

JANE JOYD en espera !!! por confirmar


Jane Joyd é o proxecto musical de Elba Fernández (A Coruña).
Elba tocou en bandas rock, pop e funk. Hai dous anos quitoulles pó a vellas cancións que creceron con ela escondidas no seu cuarto. Elba Fernández é unha ollada pegada a unha guitarra, a unha escuridade contida e emocionante, é un susurro tímido que, ao final, cala ata os ósos.
No verán do 2010 grava 4 temas en Abrigueiro Estudios (Lugo) con Arturo Vaquero. Os músicos que compoñen Jane Joyd na gravación son: Elba Fernández (guitarra & voces), Xulio Vázquez (batería & percusións), Mikelini (contrabaixo), Kiko (guitarra eléctrica) e Alejandro González (teclados).
O seu estilo achégase ao dos artistas do folk americano.
Jane Joyd comenzou a tocar en directo no 2010 e compartiu cartel con James Yuill, Matt Elliot, Greg Dulli, Emma Pollock, Basia Bulat,… Tocou en lugares curiosos como a sala dun museo ou o escaparate dunha tenda de ropa.
Jane Joyd é algo pequeno, escuro, amargamente delicioso. A luz que acendes cando chegas a casa para estar ben, a penumbra cómoda onde esconderte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario