miércoles, 6 de abril de 2011

THE HIGHLIGHTS xoves 7ABRIL ÁS 22H


Highlights parte de que o rock é un xénero musical que consiste en facer cancións, e de que sempre as mellores cancións son as de Bob Dylan. Así que un día (un bo día, pois aquel 24 de maio de 2006 o vello Bob cumpría 65 anos), Highlights deciden erguer copa e voz á súa saúde. Había que reivindicar o seu inmenso legado.

Que sentido tiña tratar de compoñer mediocridades cando moita xente no noso país non escoitou Obviously Five Believers, Seeing The Real You At Last ou I Believe In You?

Debutan como trío acústico na lexendaria Silla Colorada. Polo camiño, Mike "Broken Lips" e "Old" John Birch axúdanos a crecer como grupo.

A día de hoxe a banda fórmana catro irmáns Highlight: "Smooth Fingers" (guitarra e teclados), "Thin Man" (batería), Fito "The Rolling Thunder" (baixo) e "Blind" Willie (voz, guitarra e harmónica). Só é rock & roll. Pero gústalles. In the name of Bob.

Highlights chegaron ás semifinais do Concurso Internacional de Bandas Tributo a Dylan «Battle of the cover band», que organiza dylanradio.com, entre centos de grupos de todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario