MÚSICAS POPULARES DA GUERRA CIVIL.
Brigada Bravo&Díaz
Baseándose no material recollido no libro de Luis Díaz Viana, Cancioneiro popular da guerra civil española, a Brigada Bravo&Díaz propón unha nova interpretación instrumental -en clave de jazz- dalgunhas das máis famosas melodías que se cantaron naquela contenda.
Unha curiosa formación -zanfona, caixa de música e guitarra-, que evoca sonoridades antigas, cunha linguaxe contemporánea e aberto.
"Son dous pero soan coma se fosen, polo menos, cinco. Cunha guitarra e unha zanfona pódese facer falar ao silencio. A música, como toda arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de talento. Se se é un virtuoso do instrumento -e Bravo&Díaz sono- pois mellor aínda, aínda que a habilidade de execución para facer doado o difícil non abonde.

Por enriba diso está a capacidade de transmitir emoción, de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre o culto e o popular que, dende o Renacemento, os músicos máis exquisitos viñeron transitando.
Para min constitúe unha satisfacción que Bravo & Díaz escollesen estas cancións das que se recollen no meu Cancioneiro popular da Guerra Civil Española como punto de partida do seu traballo máis recente. En clave de jazz -esa música "clásica" do século XX-, eles retomaron os esquemas melódicos daquel tempo mítico para facelos soar como algo inesperado e novo. Ao escoitar estas cancións resulta case imposible non os admirar como músicos, pero máis aínda non se conmover. "